COVID-19: I Xornadas de Improvisación on line en familia

24 Mar COVID-19: I Xornadas de Improvisación on line en familia

Esta semana queremos facervos unha nova proposta “I Xornadas de Improvisación en liña, en familia”

Esta actividade consistirá en realizar unha improvisación co personaxe que interpretedes no espectáculo de final de curso. As normas son as seguintes:

  • Tedes que buscar o vestiario e realizar a caracterización do personaxe.
    A improvisación durará como máximo un minuto.
    Tedes que enviar un vídeo o máis comprimido posible ao email da escola.
    Se quereis que o personaxe interactue con outro ou outros dos personaxes, poden colaborar os vosos familiares, pero tamén terán que caracterizarse. O personaxe pode existir na obra ou non, como prefirades.
    Os vídeos publicaranse nas redes sociais.
    O profesorado realizará comentarios sobre as improvisacións.

 

Sen comentarios

Publica o teu comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para obtener más información.

CERRAR