Plan de Estudos

Itinerario 1: DRAMATIZACIÓN

Destinatarios

Orientado a nenos e nenas entre 4 e 8 anos.

Descrición

Este itinerario de dramatización permitiralle ao alumnado manifestarse e expresar as súas ideas, vivencias, afectos ou sentimentos e comunicarse cos demais a partir da utilización da voz, do corpo, do tempo, do ritmo e do espazo.

Horarios de Dramatización (4 a 8 anos) curso 2022-23

Dramatización I e II (4-5 anos) martes e xoves de 17:30 a 18:30

Dramatización III e IV (6-8 anos) luns e mércores de 17:30 a 18:30

Itinerario 2: BÁSICO

Destinatarios

Orientado a alumnos/as desde 9 anos en diante, organizados en tres grupos de idades: (9-11 anos), (12-15 anos) e (16 anos e máis) e subdivididos en tres niveis cada grupo.

Descrición itinerario: BÁSICO

O itinerario Básico céntrase no desenvolvemento da expresión do alumnado dunha maneira activa e dinámica, potenciando a expresividade corporal e vocal do alumnado, e proporcionándolles recursos interpretativos para iniciarse na práctica teatral. Potenciará a súa sensibilidade, as súas posibilidades creativas e a súa capacidade de descubrirse a si mesmo para que se manifeste con espontaneidade e plenitude.

Os niveis e horarios expóñense a continuación:

Horarios de Básico (9 a 11 anos) curso 2022-23

Luns de 18:30 a 20:00 e mércores de 18:00 a 20:00

Horarios de Básico (12 a 15 anos) curso 2022-23

Martes de 19:00 a 21:00 e xoves de 19:00 a 20:30

Horarios de Básico (maiores de 16 anos) curso 2022-23

Luns de 20:30 a 22:00 e mércores de 20:00 a 22:00

Itinerario 3: MEDIO

Destinatarios

Orientado a alumnos/as desde 12 anos en diante, organizados en dous grupos de idades: (12-15 anos) e (16 anos e máis) e subdivididos en tres niveis cada grupo.

Descrición itinerario: MEDIO

O Itinerario Medio vai encamiñado á formación e ao adestramento do alumnado a través dunha formación teórico-práctica. As materias teóricas consistirán en aspectos básicos de cultura teatral, necesarios para comprender mellor o significado do “feito teatral”, e as materias prácticas introducirán ao alumnado nos principios e fundamentos que lle permitirán utilizar correctamente o seu corpo e a súa voz en función dun contexto e linguaxe de tipo realista.

Na páxina seguinte expóñense os cadros por idade, itinerario e horarios:

Horarios de Medio (12 a 15 anos) curso 2022-23

Luns de 18:30 a 20:30 e mércores de 18:30 a 20:00

Horarios de Medio (maiores de 16 anos) curso 2022-23

Luns de 20:30 a 22:00 e mércores de 20:00 a 22:00

 

Itinerario 4: AVANZADO

Destinatarios

Este curso está destinado ao alumnado que fixese o Itinerario Medio ou a persoas que acrediten experiencia previa suficiente equivalente mediante probas de acceso. Está orientado a alumnos/as a partir de 12 anos.

Descrición itinerario: AVANZADO

Este curso é o complemento á formación teórico-práctica xa iniciada no Itinerario Medio. Afondarase nos principios e fundamentos que permitirán ao alumnado utilizar correctamente o seu corpo e a súa voz, en función dun contexto e dunha linguaxe de tipo non realista e afondar na realista, a través do traballo de diferentes xéneros e tendencias teatrais. Complementarase a formación con materias que lle permitiran ao alumnado iniciarse na interpretación ante a cámara e as novas tecnoloxías aplicadas ao espectáculo teatral. A continuación expóñese o cadro de niveis e horarios:

Horarios de Avanzado (maiores de 12 anos) curso 2022-23

Luns de 19:00 a 20:30 e mércores de 19:00 a 21:00

Itinerario: FORAGRUP

Destinatarios

O itinerario ForAgrup é un espazo que ten como obxectivo acoller ao alumnado que finalizase os seus estudos na escola e queira seguir conectado á actividade da mesma, así como a posibilidade de desenvolver as competencias dramáticas e teatrais de calquera cidadán.

Por outra banda, o antigo alumnado que segue formando parte do elenco de producións desenvolvidas nos anos anteriores, e das que aínda se seguen realizando representacións, precisarán estar matriculados neste itinerario.

As características de participación serán as mesmas que para as Actividades de Conxunto do resto de itinerarios, ou para as materias de formación complementaria.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para obtener más información.

CERRAR