Cada verán, a Escola Municipal de Teatro selecciona e ofrece unha serie de cursos monográficos, destinados a todas as persoas interesadas no teatro, que busquen mellorar a súa técnica ou ben iniciarse no mundo do teatro.
O prazo para solicitar a túa praza e inscribirse nun dos cursos é do 3 ao 19 de xuño de 2020.
As preinscriciones enviaranse ao correo electrónico da Escola Municipal de Teatro (em.teatro@vigo.org) DESCARGAR IMPRESO
O luns 22 de xuño publícase a lista de admitidos que terán que formalizar a súa matrícula do 23 ao 26 de xuño.
As persoas admitidas nalgún dos cursos monográficos de verán deben pagar o importe do curso no seguinte enlace. Unha vez efectuado o pago das taxas, non se devolverá o importe. O alumnado deberá enviar por correo electrónico unha copia do xustificante de pago con unha copia do DNI.
Para solicitar cualquera información e resolver dúbidas, pode contactar con nós por teléfono 986 485 324 e por correo electrónico em.teatro@vigo.org