A ESCOLA

A Escola Municipal de Teatro de Vigo ofrece a oportunidade de vivir o teatro. O alumnado dispón de cinco itinerarios para expresar o seu talento sobre as tablas.

A NOSA OFERTA

Podes aprender a través do programa de formación anual ou apuntarte ós obradoiros puntuais que ofrecemos durante o verán.

No Itinerario de Dramatización, pensado para nenos entre 4 e 8 anos, potenciamos as competencias comunicativas do alumnado e buscamos xerar interese polo teatro e a cultura.

No Itinerario Básico, organizado en tres grupos de idades e en tres niveis, o alumnado aprende técnicas para expresar ideas e sentimentos potenciando a súa expresividade corporal/vocal e proporcionando os recursos interpretativos para iniciarse na práctica teatral.

O seguinte paso é o Itinerario Medio, organizado en dous grupos de idades e en tres niveis, está orientado cara unha formación teórico práctica, para a utilización correcta do corpo e da voz nun contexto e linguaxe de tipo realista.

Posteriormente no Itinerario avanzado, organizado en dous niveis diferentes profundiza nos principios e fundamentos que permiten ó alumnado utilizar correctamente o seu corpo e a súa voz, en función dunha linguaxe non realista e realista a través do traballo en diferentes xéneros e tendencias teatrais.

MATRICÚLATE
TES A OPORTUNIDADE DE VIVIR O TEATRO

Non deixes pasar a ocasión de expresar o teu talento. Se vives, soñas e sintes o teatro, estás no lugar adecuado.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para obtener más información.

CERRAR