CURSOS VERÁN

Cada verán, a Escola Municipal de Teatro selecciona e ofrece unha serie de cursos monográficos, destinados a todas as persoas interesadas no teatro, que busquen mellorar a súa técnica ou ben iniciarse no mundo do teatro.

O prazo para inscribirse no curso é do luns 16 ao luns 23 de xuño de 2025.

Para inscribirse enviarase ao correo electrónico da Escola Municipal de Teatro (em.teatro@vigo.org) a seguinte información: nome, apelidos, DNI, data nacemento, número de móbil, correo electrónico e nome do curso solicitado

O martes 24 de xuño publícase a lista de admitidos que terán que formalizar a súa matrícula do 25 ao 30 de xuño.

As persoas admitidas nalgún dos cursos monográficos de verán deben pagar o importe do curso no seguinte enlace. Unha vez efectuado o pago das taxas, non se devolverá o importe. O alumnado deberá enviar por correo electrónico unha copia do xustificante de pago con unha copia do DNI.

Para solicitar cualquera información e resolver dúbidas, pode contactar con nós por correo electrónico em.teatro@vigo.org

Cursos de verán 2025

A ARTE DE TRANSFORMARSE: MAQUILLAXE ESCÉNICA E FX

VER CURSO
CARTEL

ENCONTRO CON ANTONIO DURÁN “MORRIS”

VER CURSO
CARTEL

 

 

 

Lista de admitidos

VER LISTA

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para obtener más información.

CERRAR