Cada verán, a Escola Municipal de Teatro selecciona e ofrece unha serie de cursos monográficos, destinados a todas as persoas interesadas no teatro, que busquen mellorar a súa técnica ou ben iniciarse no mundo do teatro.
O prazo para inscribirse no curso é do luns 19 ao luns 26 de xuño de 2023.
Para preinscribirse enviarase ao correo electrónico da Escola Municipal de Teatro (em.teatro@vigo.org) a seguinte información: nome, apelidos, DNI, data nacemento, número de móbil, correo electrónico e nome do curso solicitado
O martes 27 de xuño publícase a lista de admitidos que terán que formalizar a súa matrícula do 28 de xuño ao 4 de xullo.
As persoas admitidas nalgún dos cursos monográficos de verán deben pagar o importe do curso no seguinte enlace. Unha vez efectuado o pago das taxas, non se devolverá o importe. O alumnado deberá enviar por correo electrónico unha copia do xustificante de pago con unha copia do DNI.
Para solicitar cualquera información e resolver dúbidas, pode contactar con nós por correo electrónico em.teatro@vigo.org