DÍA MUNDIAL DO TEATRO 2025
- Mar 19, 2025
- 1 min read

O 27 de marzo celébrase en todo o mundo o Día Mundial do Teatro 🎭, unha data moi importante para nós. Para conmemorar esta ocasión, a Escola Municipal de Teatro organiza un acto o mércores 26 de marzo ás 19:00 horas no Auditorio do Concello de Vigo 🎉.
Este acto contará con diversas escenas interpretadas polo alumnado de diferentes grupos e idades da escola. Unha gran oportunidade para ver o talento dos nosos alumnos en acción!
A mostra estará dividida en dúas partes:
De 19:00 h a 20:10 h: orientada a nenos e adolescentes 👦🏽👧🏼 .
De 20:30 h a 22:00 h: dirixida a público adulto 👩🦰 👨🏻🦱 .
🎟️ A entrada é libre ata completar aforo. Esperamos contar coa presenza de alumnado, familiares, antigos alumnos e amigos do teatro para compartir xuntos este momento tan especial 🤗.



Comments