top of page

FORMA PARTE: ¡MATRICÚLATE!

PREINSCRICIÓN CURSO 2026-27

CONDICIÓNS PARA ACCEDER Á ESCOLA

1. Para formarse na Escola Municipal de Teatro é requisito imprescindible estar empadroado en Vigo.

2. O alumnado matriculado no curso anterior ten preferencia. O prazo de reserva de praza para estes/as alumnos/as para o seguinte curso tramítase do 25 de maio ao 7 de xuño e o período de matriculación do 22 de xuño ao 3 de xullo de 2026.

MODALIDADES DE PREINSCRICIÓN

EN LIÑA: Pódese realizar desde a web EMMA desde o 22 de xuño ata o 4 de setembro de 2026.

PRESENCIAL: Desde o 22 de xuño ata o 31 de xullo e do 1 ao 4 de setembro de luns a venres de 11:00 h a 14:00 h

TAXAS

Os prezos que deberán pagar as persoas usuarias son os establecidos na Ordenanza fiscal reguladora dos prezos públicos das escolas municipais de música e artes escénicas.

Itinerario Dramatización: 24,75 € de mensualidade e 45 € de matrícula.

Itinerario Básico, Medio e Avanzado: 25,85 € de mensualidade e 45 € de matrícula.

Itinerario Foragrup: 11,25 € de mensualidade e 33,75 € de matrícula.

A matrícula abónase coa primeira mensualidade

SOLICITUDE EXENCIÓN DE TAXAS

No momento de formalizar a matrícula, deberase entregar unha copia selada do documento de exención de taxa presentado no Concello

MATRÍCULA NOVO ALUMNADO

PRAZOS DA CONVOCATORIA

Mércores 9 de setembro publicación lista de prerexistrados

Martes 15 de setembro realización sorteo de prazas

Do 15 ao 18 de setembro probas de acceso

Martes 24 de setembro publicación lista de admitidos por sorteo.

 Do 24 ao 30 de setembro (ambos inclusive)  de luns a venres de 11:00 h a 14:00 h formalización de matrícula admitidos por sorteo e solicitude de exención de taxas.

PROBA DE ACCESO

Os aspirantes que realizaron a proba de acceso e teñen a categoría de apto, deberán esperar confirmación por parte da Escola Municipal de Teatro de que hai prazas dispoñibles no seu grupo correspondente antes de formalizar a matrícula.

LISTAS DE ESPERA

Durante o mes de outubro e novembro de 2026, ás persoas en lista de espera enviaráselles un email no momento de que se produza unha baixa ou renuncia no seu itinerario.

LISTAS DEFINITIVAS CURSO 2026-27

CURSO 2026-27

COMEZO CURSO

O curso lectivo escolar acomodarase ao calendario escolar que estableza a concellería de Educación e Ordenación Universitaria para o resto de ensinos da súa competencia, coa conformidade expresa do Servizo municipal de Educación.

O curso 2026-27 comezará o mércores 1 de outubro de 2026

FORMALIZACIÓN BAIXA CURSO

​As persoas que teñan previsto darse de baixa como alumno/a, calquera que sexa o motivo, deberán comunicalo por escrito á dirección do centro antes do día 25 do mes  que corresponda, para proceder á anulación do recibo do mes seguinte.

Avenida de Castelao, 87 (interior)

36209 Vigo

Teléfono: 986 485 324

Enderezo electrónico: em.teatro@vigo.org

HORARIOS:

Outubro a xuño de luns a venres de 11:00 h a 13:00 h (previa cita) e de 16:00 h a 22:00 h

Xullo e setembro de 11:00 h a 14:00 h 

Agosto pechado

bottom of page