OBRADOIROS DE VERÁN
Cada verán, a Escola Municipal de Teatro selecciona e ofrece unha serie de cursos monográficos, destinados a todas as persoas interesadas no teatro, que busquen mellorar a súa técnica ou ben iniciarse no mundo do teatro.
O prazo para inscribirche no curso é do luns 1 ao mércores 17 de xuño de 2026
Para preinscribirse enviarase ao correo electrónico da Escola Municipal de Teatro (em.teatro@vigo.org) a seguinte información: Nome, apelidos, DNI, data nacemento, número de móbil, dirección, correo electrónico e nome do curso solicitado.
O luns 22 de xuño publícase a lista de admitidos que terán que formalizar a súa matrícula do 23 ao 30 de xuño.
As persoas admitidas nalgún dos cursos monográficos de verán deben pagar o importe do curso na seguinte ligazón. Unha vez efectuado o pago das taxas, non se devolverá o importe. O alumnado deberá enviar por correo electrónico unha copia do xustificante de pago cunha copia do DNI.
Para solicitar calquera información e resolver dúbidas, pode contactarnos por correo electrónico em.teatro@vigo.org



