XORNADAS TEATRAIS EMT 2026
- Jul 6
- 1 min read
A Escola Municipal de Teatro de Vigo celebrou as súas Xornadas Teatrais 2026, unha das citas máis especiais do curso, na que o alumnado compartiu co público o traballo desenvolvido ao longo dos últimos meses.
Durante varios días, o Auditorio do Concello de Vigo acolleu diferentes representacións protagonizadas por grupos de distintas idades e niveis. Cada proposta foi o resultado dun proceso de aprendizaxe, creación colectiva e compromiso co feito teatral.
Estas xornadas puxeron o broche final a un curso cheo de experiencias, emocións e momentos compartidos sobre o escenario.











































































































































































Comments