top of page
Search

CURSO VERÁN 2025: ENCONTRO CON ANTONIO DURÁN "MORRIS"

  • Jun 9, 2025
  • 1 min read

Todas e todos temos un método. Ao longo do camiño, cada intérprete vai construíndo a súa propia maneira de estar en escena, de abordar un personaxe, de habitar o espazo. Un método que nace da experiencia, do encontro con outras persoas, dos acertos… e tamén dos erros.

O Método Morris non é unha técnica pechada, senón a suma viva de todo un percorrido: un tránsito desde o autodidactismo ata o traballo profesional, pasando por procuras persoais, ensaios, escenarios e vida. Un compendio de ferramentas, intuicións e aprendizaxes que foron tomando forma co paso dos anos.

Creo profundamente no valor de compartir. Por iso, este curso proponse como un espazo de intercambio sincero e enriquecedor, onde podamos cuestionarnos, descubrir e crecer a través do xogo, a práctica e a reflexión.

Anímovos a formar parte desta viaxe creativa, onde cada quen poderá achegar a súa experiencia e nutrirse da dos demais.


 
 
 

Comments


Avenida de Castelao, 87 (interior)

36209 Vigo

Teléfono: 986 485 324

Enderezo electrónico: em.teatro@vigo.org

HORARIOS:

Outubro a xuño de luns a venres de 11:00 h a 13:00 h (previa cita) e de 16:00 h a 22:00 h

Xullo e setembro de 11:00 h a 14:00 h 

Agosto pechado

bottom of page