top of page

TES A OPORTUNIDADE DE VIVIR O TEATRO

Non deixes pasar a ocasión de expresar o teu talento.
Se vives, soñas e sentes o teatro,
estás no sitio adecuado.

A nosa oferta

Podes aprender a través do programa de formación anual ou apuntarche aos talleres puntuais que ofrecemos durante o verán.

No Itinerario de Dramatización pensado para nenos entre 4 e 8 anos, potenciamos as competencias comunicativas do alumnado e buscamos xerar interese polo teatro e a cultura.

No Itinerario Básico, organizado en tres grupos de idades e en tres niveles, o alumnado aprende técnicas para expresar ideas e sentimentos potenciando a expresividade corporal/vogal e proporcionando recursos interpretativos para iniciarse na práctica teatral.

O seguinte paso é o Itinerario Medio, organizado en dous grupos de idades e en tres niveles, está orientado cara a unha formación teórico práctica, para a utilización correcta do corpo e a voz nun contexto e linguaxe de tipo realista.

Posteriormente no Itinerario avanzado, organizado en dous niveis diferentes profúndase nos principios e fundamentos que permitirán ao alumnado utilizar correctamente o seu corpo e a súa voz, en función dunha linguaxe non realista e realista a través do traballo en diferentes xéneros e tendencias teatrais.

Avenida de Castelao, 87 (interior)

36209 Vigo

Teléfono: 986 485 324

Enderezo electrónico: em.teatro@vigo.org

HORARIOS:

Outubro a xuño de luns a venres de 11:00 h a 13:00 h (previa cita) e de 16:00 h a 22:00 h

Xullo e setembro de 11:00 h a 14:00 h 

Agosto pechado

bottom of page