11 Feb XII XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR
O Concello de Vigo a través da Escola Municipal de Teatro leva a cabo este proxecto para introducir e desenvolver o teatro como ferramenta didáctica e así favorecer a formación integral do alumnado, potenciando as diferentes formas de expresión.
Ademais bríndase a oportunidade de mostrar as creacións teatrais que desenvolvan nas súas aulas no Auditorio Municipal do Concello de Vigo, ofrecendo unha experiencia de participación aberta a toda a comunidade educativa, alumnado, profesorado e familias.


Sen comentarios