06 Xul OBRADOIRO ENCONTRO CON ANTONIO DURÁN “MORRIS”
Todas e todos temos un método. Ao longo do camiño, cada intérprete vai construíndo a súa propia maneira de estar en escena, de abordar un personaxe, de habitar o espazo. Un método que nace da experiencia, do encontro con outras persoas, dos acertos… e tamén dos erros.
O Método Morris non é unha técnica pechada, senón a suma viva de todo un percorrido: un tránsito desde o autodidactismo ata o traballo profesional, pasando por procuras persoais, ensaios, escenarios e vida. Un compendio de ferramentas, intuicións e aprendizaxes que foron tomando forma co paso dos anos.
Creo profundamente no valor de compartir. Por iso, este curso proponse como un espazo de intercambio sincero e enriquecedor, onde podamos cuestionarnos, descubrir e crecer a través do xogo, a práctica e a reflexión.
Anímovos a formar parte desta viaxe creativa, onde cada quen poderá achegar a súa experiencia e nutrirse da dos demais.


Sen comentarios