20 Mai ESPECTÁCULO “LINGUA GUAPA”
As escolas de música e artes escénicas de Vigo: Escola Municipal de Teatro, Escola Municipal de Música, ETRAD e a EMMAO, seguimos colaborando conxuntamente para seguir enriquecendo as experiencias do noso alumnado. Estes días estamos cos ensaios do espectáculo “Lingua guapa: cantos que contan” do libro de Fina Casalderrey onde cada escola fai súa aportación a este teatro musical facendo que sexa unha función única.
O vindeiro xoves 16 de maio ás 20.00h no Auditorio do Concello de Vigo.


Sen comentarios