15 Mar DÍA MUNDIAL DO TEATRO 2024
A arte é paz.
O próximo 13 de marzo ás 19:00 da tarde un ano máis poderemos reunirnos para celebrar o día mundial do teatro no Auditorio do Concello de Vigo.
É un día moi especial para o teatro onde as diferenzas non existen, e a arte cumpre co seu traballo transcendendo fronteiras de linguaxes e límites xeográficos unindo así os opostos.
“A arte non se expresa provocando que todo sexa igual, pola contra, móstranos as nosas diferenzas, aquilo que é alleo ou estraño. Todo boa arte contén precisamente iso: algo estraño, algo que non podemos comprender completamente e que, con todo, entendemos de certo modo.”-John Fosse
Grazas a John Fosse (escritor e dramaturgo noruegués), por mostrarnos na mensaxe do día mundial do teatro deste 2024 que a guerra e a arte son opostos, como a guerra e a paz son opostos.
Por iso desde a nosa escola municipal de teatro de Vigo convidámosvos a compartir connosco un día tan prezado para a dramaturxia, onde a arte consegue á súa maneira e de forma fabulosa reunir o absolutamente único co universal.


Sen comentarios