29 Abr TRAZOS NAS TÁBOAS 2024
O vindeiro fin de semana a Escola Municipal de Teatro transformará as súas aulas en diferentes espazos para a mostra de pezas de micro teatro dentro do evento “Trazos nas Táboas”.
Venres 26 de abril ás 19:30 horas: “Teatro Isabelino”, “Teatro Medieval” e “Teatro Naturalista”.
Sábado 27 de abril ás 19:30 horas: “Teatro Noh”, “Teatro de Vanguardia” e “Teatro Siglo de Oro”
O acceso é gratuíto e con invitación. Pódense recoller na oficina da Escola Municipal de Teatro de Vigo (Avenida de Castelao, 87 interior) dende o luns 22 ata o sábado 27 de abril de 17:00 h a 20:30 h. Tamén é posible reservar mediante correo electrónico a través de em.teatro@vigo.org






Sen comentarios