06 Xul OBRADOIRO MONOGRÁFICO VERÁN 2023
OBRADOIRO INTRODUCIÓN Á CARACTERIZACIÓN TEATRAL
Introdución as ferramentas precisas para o recoñecemento e a análise dun intérprete e o seu corpo, para a súa adecuación ou modificación en función dos requirimentos do personaxe, achegándonos aos principios de composición, forma, cor e volumen aplicados ao deseño de caracterización.
Este curso está dividido en dúas partes, unha inicial a modo de clase maestra, onde se exporán os conceptos da caracterización como recurso do feito teatral e como parte integrante da configuración do espectáculo de maneira que se coñezan as técnicas, materiais e posibilidades que ofrece a maquillaxe para o teatro. Así como as solucións e recursos da maquillaxe como parte fundamental do deseño de personaxe. Na segunda parte exploraremos de maneira teorico-práctica a creación dunha maquillaxe básica a partir dunha personaxe dada, onde utilizaremos os materiais e técnicas exploradas na clase mestra.


Sen comentarios