TRAZOS NAS TÁBOAS 2023

485768206_1193322556138296_1644582624641896769_n_5_11zon

29 Abr TRAZOS NAS TÁBOAS 2023

<p style=”text-align: justify;”><!–more–></p>

As instalacións da Escola Municipal de Teatro converterasen por un fin de semana nun espazo único para a mostra de pezas de micro teatro dentro do evento “Trazos nas Táboas”. A cita terá lugar o venres 28  e o sábado 29 de abril de 2023. Esta actividade nace coa intención de incentivar, potenciar e promover a creatividade na nosa comunidade educativa, así como de dar a coñecer á cidadanía a existencia, e as actividades que desenvolve a Escola Municipal de Teatro (EMT).

1º Pase ás 19:30 horas: “Arte”, “Pero que fermosas eran”, “Busco muller” e “Os laios das mulleres soas”

2º Pase ás 21:00 horas: “Arte”, “Pero que fermosas eran”, “Busco muller” e “Os laios das mulleres soas”

O acceso é gratuíto e con invitación. Pódense recoller na oficina da Escola Municipal de Teatro de Vigo (Avenida de Castelao, 87 interior) dende o luns 17 ata o xoves 27 de abril de 17:00 a 20:30 horas (de luns a xoves) ou media hora antes do pase. Tamén é posible reservar mediante correo electrónico a través de em.teatro@vigo.org

*Recomendado para un público maior dede 12 anos*

Sen comentarios

Publica o teu comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para obtener más información.

CERRAR