11 Feb CABALGATA DE REIS 2022
A nosa proposta inspírase no imaxinario mariño de Julio Verne, hai xa máis de 150 anos da entrada do Nautilus do capitán Nemo na ría de Vigo, e máis de 140 da visita do escritor a nosa cidade.
O noso alumnado percorrerá as rúas de Vigo coma se dunha expedición submariña se tratase, vestidos con traxes de mergullador, cascos e bombonas de osíxeno, escoltados por varios compañeiros acuáticos: pequenas luras, peixes a ata un polbo xigante.


Sen comentarios