“Trazos nas Táboas” 2018

Cartel Trazos nas Táboas

12 Abr “Trazos nas Táboas” 2018

A Escola Municipal de Teatro de Vigo realizará durante o próximo fin de semana o evento “Trazos nas Táboas”, consistente na representación de pezas breves de micro-teatro.
Esta actividade nace coa intención de incentivar, potenciar e promover a creatividade na nosa comunidade educativa, así como dar a coñecer á cidadanía a existencia, e as actividades que desenvolve a Escola Municipal de Teatro ( EMT).
As representacións levaranse a cabo os seguintes días e horas, nas instalacións da escola, situada na Avenida de Castelao, 87 (interior):
*Venres 20 de abril ás 20:00 horas: “O PODER DUN COMPROMISO” e ” ESTACIÓNS VITAIS”
*Sábado 21 de abril ás 20:00 horas: “O PODER DUN COMPROMISO” e ” ESTACIÓNS VITAIS”
Para conseguir as invitacións, pódenas recoller na oficina da EMT a partir do luns 16 de abril de 17:00 a 20:00 horas ou media hora antes o día do espectáculo. Tamén se poden reservar no teléfono 986 485 324 ou mediante correo electrónico, na dirección em.teatro@vigo.org

 

 

 

Sen comentarios

Publica o teu comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para obtener más información.

CERRAR